
Apadriña a un lector!
Onte deu comezo a Semana da Animación á Lectura no noso colexio!
O luns pola mañá, aproveitando o bo tempo, o alumnado levou a cabo fóra das aulas a actividade de “Apadriña a un lector”, na que os nenos e nenas de 6 º de primaria compartiron un tempo de lectura moi enriquecedor cos máis pequenos da etapa.
Foi un momento moi emotivo, no que tanto os maiores coma os máis novos estiveron moi ledos e motivados.
Continuamos con moitas ganas coas marabillosas actividades que nos esperan nesta semana!








