
Alargando as nosas posibilidades
Os alumnos de 4.º da ESO están a aprender a desprazar a súa Fronteira de Posibilidades de Produción (FPP). A semana pasada na materia de Economía levaron a cabo un obradoiro de papiroflexia co que afianzar os conceptos de eficiencia, recursos ociosos e obxectivos inalcanzables. A parte máis interesante vén cando descobren que a súa FPP pode desprazarse e conseguir con iso que os que antes eran obxectivos inalcanzables sexan agora realistas ou queden, mesmo, por baixo das súas posibilidades. Técnicas de estudo, organización, control dos tempos e manexo do espazo como claves para achandar o seu camiño cara ao éxito académico. Vexamos agora se se dá o paso da teoría á práctica. Ánimo pois!

