
A voltas con IGE
Inmersos na era da información o pasado martes 8 de febreiro, as clases de Economía de 1º de bacharelato, quixemos coñecer máis polo miúdo a institución galega encargada de proporcionar datos á sociedade.
Para isto visitounos Raúl Jácome, a quen, nunha nova edición das “Entrevistas sen sofá”, puidemos realizar numerosas preguntas en torno á macroeconomía e, especialmente o PIB.
Dunha maneira moi pedagóxica, resolveu todas as nosas dúbidas respecto ao tema que viñamos de estudar, xa que el é o Xefe do Servizo de Contas Económicas no IGE (Instituto Galego de Estatística).
Todos tiñamos algunha responsabilidade, Irea e Marta C. encargáronse das fotos, Zubo e Óscar de grabar, Natalia e Celia están a traballar no trailer, Pedro estivo ao mando da parte audiovisual, Aldara escolleu a música de fondo, Brais e Hugo estiveron pendentes da orde…e, por suposto, todos preparamos o tema e levamos adiante a entrevista. Por riba de todo…quedamos con gañas de máis.
Andrés Torres e Alejandro Ventosa


