A próxima semana teremos unha gran visita no colexio!
No colexio estamos moi emocionados ca visita que teremos a próxima semana do Dr. Ángel Carracedo.
Fainos moita ilusión que un científico tan importante a nivel internacional poida compartir con nós o seu tempo. Ángel Carracedo é Catedrático de Medicina Legal da USC e un investigador e experto internacional en xenética que dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Centro Nacional de Xenotipado.
Ángel Carracedo publicou máis de 800 artigos en revistas de moita relevancia como Science ou Nature e ten numerosos premios.
Podemos ler un pouco mais sobre a súa traxectoria no blog científico do colexio:
Esperamos con ansia a visita para poder aprender moito na mesma!