
“A paz comeza cun sorriso”, Teresa de Calcuta
Un sorriso adoita ser o comezo de algo bo. Os nosos nenos e nenas de Infantil agasállannos cada día con algún dos mellores.
A tarde do martes, María, Elvira e Maybe (nais de alumn@s da nosa etapa e especialistas en odontoloxía) axudaron nas nosas aulas a “coidar o sorriso” dende unha axeitada hixiene bucodental. Con actividades divertidas das que gozaron moito, os nosos nenos e nenas aprenderon a cepillar os dentes axeitadamente, e sen esquecer a lingua!. Ademais, tamén repasaron os alimentos que coidan os nosos dentes e lembraron que non se pode abusar dos doces e das lambetadas.
Agradecemos moito a súa visita e comprometémonos a ter en contaeses sinxelos xestos tan importantes para a saúde .




