
A MÁQUINA DOS DESEXOS
Durante as últimas semanas, os nenos e nenas de 4 anos traballamos nun proxecto moi especial sobre os desexos no Nadal. A través desta aventura, aprendemos que os desexos non se cumpren sos, senón con esforzo, traballo e constancia.
A nosa misión foi axudar a Paul a atopar o mando da máquina dos desexos, que desaparecera misteriosamente. Investigamos, buscamos por todos os recunchos do colexio, pegamos carteis e traballamos en equipo para acadar o noso obxectivo.Haiuns días, por fin, conseguimos atopar o mando. A alegría foi enorme e celebramos o remate do proxecto con moita ilusión.
Agora, as titoras de 4 anos, estamos seguras de que os desexos que todas as familias escribiron con tanto cariño e ilusión, faranse realidade. Este proxecto ensinounos a importancia de cooperar e, por suposto, a non rendernos e crer na maxia do Nadal.
Pechamos así unha etapa do curso chea de aprendizaxes, imaxinación e esperanza.







