
A cultura científica é noticia!
O noso alumnado de cultura científica de 4ºB de secundaria saíu este fin de semana en La Voz de Galicia.
O motivo foi a colaboración que realizamos co colexio Fingoi de Lugo no seu proxecto de redución da pegada de carbono. A idea principal de este proxecto é medir as emisións de carbono que ten o noso colexio e propoñer medidas para conseguir reducilas, contribuíndo así a que toda a comunidade educativa se implique no coidado do noso planeta.
A noticia enteira pódese ler no seguinte enlace:

