A comida non se tira, compártese!
Que éxito tivo a campaña de recollida de alimentos que fixeron as nenas e nenos de 1º de primaria!
Despois de varias semanas traballando e sensibilizándose a través do proxecto “A comida non se tira, compártese!”, o alumnado de 1º de primaria, coa axuda das súas mestras, organizaron unha campaña de recollida de alimentos como produto final do proxecto. Crearon carteis informativos para que todas as persoas que forman parte do colexio puideran participar.
O resultado final foi a recollida de 230 quilogramos de distintos produtos non perecedoiros destinado ao Banco de Alimentos de Santiago. Foron varias persoas da propia Asociación, as que viñeron cun vehículo a pola comida. As nenas e nenos axudaron a cargar os alimentos e mostráronse moi emocionados durante todo o proceso.
Agradecemos enormemente a colaboración das familias, do alumnado e de todo o persoal que forma parte do colexio, xa que sen eles non poderiamos ter levado a cabo este marabilloso proxecto!