
Imos ao laboratorio!
O alumnado de 3° e 4° de primaria vén de vivir unha experiencia do máis enriquecedora!
Estas semanas, as nenas e nenos do segundo ciclo de primaria estiveron no laboratorio do colexio poñendo en práctica todo o aprendido nos seminarios de ciencias naturais.
O máis especial foi que fixeron todas as prácticas co alumnado de Secundaria e Bacharelato; rapaces e rapazas que mostraron ser uns estupendos profesores e profesoras.
Os maiores ensinaron aos máis noviños, e estes sorprendéronnos a todos e todas co ben que fixeron as cousas.
Grazas ao profesorado de Secundaria pola súa disposición e organización.
Repetiremos seguro!




