
Interniveis: unha experiencia para medrar xuntos
En La Salle Santiago levamos cinco anos realizando interniveis en Educación Infantil, unha proposta na que os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comparten actividades e experiencias con compañeiros doutras idades.
Estes encontros ofrecen novas oportunidades para desenvolver a autonomía, a cooperación e a amizade, aprendendo a respectar as diferenzas e a valorar o que cada un pode achegar ao grupo.
E se algo temos claro despois destes cinco anos, é que os interniveis lles encantan. Agárdanos con ilusión, participan con entusiasmo e gozan moitísimo de cada proposta. Ver as súas caras de felicidade e as súas ganas de repetir é o mellor recoñecemento ao valor desta experiencia.
Porque aprender tamén é compartir, descubrir e, sobre todo, gozar medrando xuntos.


