Back

Amigo, Irmán, Maestro

Durante a pasada  semana,  o noso colexio celebrou con grande entusiasmo as festas na honra ao seu fundador San Xoán Bautista de La Salle, uns días moi especiais nos que participou toda a comunidade educativa.

As carreiras foron un dos momentos máis emocionantes, nas que o alumnado demostrou o seu espírito deportivo e compañeirismo. Continuamos coa inauguración das festas, cunha participación especial do alumnado de 5 anos co seu desfile e resaltando a emotividade deste acto, deuse comezo a unha xornada chea de diversión.

Os diversos concursos espertaron a creatividade dos participantes, desfrutamos das exhibicións e os inchables fixeron as delicias dos máis pequenos. Xogos, música, exposición, teatro, celebración e, sobre todo, esta tarde do xoves foi un tempo de convivencia.

As familias tiveron un papel importante, xa que puideron asistir e compartir moitos momentos  desta festividade. Desde esta etapa de infantil, queremos agradecer tamén a súa colaboración para a nosa tenda nas festas que ten como fin recadar fondos para o proxecto que PROYDE  leva a cabo no Líbano.

En definitiva, días emocionantes, divertidos nos que toda a comunidade educativa ten a oportunidade de xuntarse, compartir e desfrutar celebrando ao noso fundador San Xoán Bautista La Salle.