
O BISCOITO DA AMIZADE
Os nenos e nenas de 4 anos, hai unhas semanas, recibimos un vídeo da reposteira Magdalena pedíndonos axuda. Recibira un encargo moi importante: tiña que preparar o “biscoito da amizade”, pero non sabía como facelo… e precisaba a axuda dos nosos peques!
A partir dese momento, puxémonos mans á obra. Primeiro lembramos os ingredientes dun biscoito tradicional e despois descubrimos que este biscoito era diferente: os seus ingredientes non se podían mercar! Precisabamos ingredientes como o perdón, a axuda, o diálogo, a escoita ou o respecto. Descubrimos que, para que a amizade saia ben, hai que facer unha boa mestura de todos estes ingredientes cada día. E o mellor de todo… Conseguimos facer o noso propio biscoito da amizade e saíunos riquísimo!
Agora temos unha última misión moi importante: compartir a nosa receita coa reposteira Magdalena para que ela tamén poida preparar moitos biscoitos da amizade.






