
Cociñando a teoría de Empresa
- Categorías Actualidade, Bacharelato
- Data Marzo 10, 2026
Os alumnos de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio fomos visitar a fábrica de "Cociñas Santos" en Camporrapado. Aproveitando que estivemos a estudar as distintas formas xurídicas, os procesos de produción, os custos que conlevan, a xestión de persoal... tiñamos gañas de velo na vida real. Que mellor que visitando unha empresa da contorna da nosa cidade que experimentou un notable crecemento, sendo hoxe unha exportadora de calado a varios continentes. Non temos máis que palabras de agradecemento a David, Fernando, Vanessa e todas as persoas que fixeron posible esta saída. Faremos o posible para que esta visita sexa a primeira de moitas.
Tamén che pode interesar
LER PARA CRECER
Marzo 10, 2026
IMOS O TEATRO EN INGLÉS
Marzo 8, 2026
COMO ATRAPAR UNHA ESTRELA
Marzo 3, 2026
