
OBRADOIRO DE INGLÉS
Nas nosas aulas de infantil, aprender inglés converteuse nunha verdadeira aventura.
Nestas últimas semanas, os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos están a descubrir novas palabras mentres exploran o mundo que os rodea: as partes da casa, os alimentos, os obxectos máis cotiáns… todo se transforma nunha oportunidade para aprender!
A través de xogos, canción, contos e pequenas misión divertidas o vocabulario aparece case sen darse conta. Ademais, reservamos momentos para que experimenten libremente, proben, pregunten e sobre todo, se axuden entre eles. Porque aprender xuntos tamén forma parte do xogo.
Así, entre risas, cooperación e moita curiosidade, o inglés intégrase de xeito natural no seu día a día.









