
Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
Onte, no noso colexio, celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha data para recoñecer o papel fundamental das mulleres no ámbito científico e educativo.
Levamos a cabo reflexións e dinámicas do máis variadas nos diferentes cursos e etapas do colexio.
O alumnado de infantil e do primeiro ciclo de primaria tivo a sorte de gozar de marabillosos experimentos no laboratorio do colexio. As profesoras de secundaria María, Raquel, Rocío e Laura foron as encargadas de organizar e levar a cabo estas dinámicas con moito detalle e agarimo.
As nenas e nenos do segundo e terceiro ciclo de primaria realizaron potentes reflexións sobre a ciencia, fomentando a curiosidade e o pensamento crítico.
En secundaria tamén se dedicaron momentos especiais para este día que consideramos tan importante. En 1º e 2º da ESO tiveron unha videoconferencia con Paula Munín. Ela é Técnico especialista de investigación da Facultade de Química e do Centro Cicus . O alumnado de 3º e 4º da ESO xunto co de 1º de bacharelato desfrutou dunha interesante videoconferencia impartida pola AECC (Asociación Española Contra o Cancro).
Todas estas actividades foron experiencias cheas de aprendizaxe, curiosidade mais diversión. Deste xeito axudamos a crear referentes femininos, a romper estereotipos e a demostrar que a ciencia tamén se constrúe en feminino.
Moitas grazas a todas as persoas que colaboraron e fixeron que esta especial xornada se puidera levar a cabo.
Sigamos sementando vocación e facendo que a ciencia sexa unha aventura apaixonante para todas as mulleres e homes que así o desexen!








