
Parabéns, Marta Rego!
No noso centro escolar non podemos estar máis orgullosas e orgullosos do noso alumnado!
Aínda que sempre expresamos o satisfeitos e satisfeitas que estamos do traballo e implicación que o noso alumnado adoita ter nas actividades que propoñemos e levamos a cabo dende o centro, hai certas ocasións que merecen unha celebración especial.
O pasado sábado 15 de novembro a nosa alumna de sexto de primaria, Marta Rego, recibiu o primeiro premio na categoría de Educación Primaria no certame de relatos de Territorio Vákner, que conta cunha gran participación. O entrega de premios tivo lugar no Albergue de peregrinos do Conco, en Dumbría. Varios representantes do colexio acompañaron a Marta neste día tan especial xa que, ademais de querer compartir este momento con ela, o centro foi premiado pola súa participación.
Foron case 300 textos os presentados neste 2025, na súa quinta edición escolar, sendo un dos concursos con cifras máis altas de participación en Galicia.
Deixamos aquí o enlace á noticia:
O enlace da galería de imaxes:
E o enlace aos relatos:
Parabéns a Marta e a todo o profesorado que, dun xeito ou outro, vai guiando aos nenos e nenas no seu camiño de vida e aprendizaxe!
Vémonos na seguinte edición!





