Back

Celebramos con ledicia as festas do noso patrón, San Xoán Bautista de La Salle

O mércores pola tarde demos o pistoletazo de saída coas tradicionais Carreiras de Infantil, onde os nosos pequenos corredores, coa súa enerxía e entusiasmo, fixéronnos gozar dunha tarde deportiva inesquecible.

O xoves pola mañá inauguramos oficialmente as festas cun acto cheo de ilusión, música e espírito lasañeiro. Ao longo da xornada, recibimos unha visita moi especial: ¡os Irmáns Maiores do colexio viñeron ás nosas aulas! Con eles compartimos xogos, risas e unha experiencia moi enriquecedora que reforzou ese sentimento de familia tan propio do noso cole.

Xa pola tarde, gozamos dunha marabillosa xornada en familia con inchables, xogos compartidos, música, moitos sorrisos… e a sempre presente tenda solidaria de PROYDE, que nos lembra a importancia de construír un mundo máis xusto dende a infancia.

O venres puxemos o peche ás festas da mellor maneira: cunha emotiva oración dedicada ao noso patrón, unha ofrenda simbólica de pegatinas realizadas polos nenos e nenas, e un broche final moi especial: o grupo de nais e pais da Asociación de Familias do colexio agasallounos cunha representación teatral que encantou a grandes e pequenos.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.