Back

As nosas mans están moi vivas!

En 1º de Educación Primaria estamos gozando dun novo proxecto chamado: “As túas mans están moi vivas”.

Desta vez metémonos no mundo dos monicreques. Despois de coñecer e desfrutar de diferentes tipos de obras e aprender todos os elementos que forman este tipo de espectáculos, as nenas e nenos fixeron a súa propia marioneta cunha cartolina, un folio, unha pinza e unha gran cantidade de imaxinación.

Ao rematar, en equipos, crearon grandes historias que nos fixeron viaxar a diferentes lugares: praias, castelos, campos, patio, neve, entre outros.

O momento da representación das obras foi máxico, e todos e todas pasamos un rato moi agradable gozando do traballo dos distintos grupos!

Xa temos ganas de continuar creando historias!