Emigrar non estaba nos meus plans
O día antes de irnos de vacacións de Nadal recibimos o noso primeiro agasallo. Barry Elhadj Mamadou saíu da quenda de noite, foi ducharse a casa e veu directo ao colexio para deixarse preguntar. Os alumnos de Economía de 1º de bacharelato levaron a cabo unha nova Entrevista sen sofá. Esta vez achegándose un pouco á realidade da inmigración. Barry chegou a España en 2021 como demandante de asilo político e segue á espera de resposta. O seu fogar está na República de Guinea, na que traballaba en prol de alcanzar a democracia que non existe, o destino ao que se dirixía era Francia, polo seu idioma común, con todo, a burocracia europea obrígalle a esperar resposta en España, país do que pouco sabía, nova lingua que tivo de aprender, costumes, cultura e unha chea de requisitos a cumprir. Case todo nos sorprendeu, os motivos da saída do seu país, as vicisitudes da travesía, o tempo no caiuco…e deixounos con ganas de saber máis. Outro día virá o Irmán Manuel Carreira a completar co seu coñecemento de varios países africanos.
Grazas Barry, desexámosche sorte.