Acto recoñecemento mellores expedientes (MEGABAU)
O pasado venres 21 de xuño tivo lugar na Coruña este acto organizado polas tres universidades galegas xuntas por primeira vez. Este curso as universidades querían recoñecer ao alumnado, pero tamén aos equipos docentes dos colexios.
27 persoas do noso alumnado de 2.º de Bacharelato estaban convidadas a este acto por ter unha nota de 9 ou superior despois da ABAU. Somos un dos centros de Galicia no que máis persoas cumprían este requisito. Finalmente só 21 persoas puideron asistir, acompañadas polo xefe de estudos de Bacharelato.
O acto resultou moi ben organizado e mesmo puidemos desfrutar dunha actuación musical dun dos grupos máis punteiros neste momento. Contou coa presenza do Conselleiro e os reitores das tres universidades. Todos felicitaron ao alumnado, familias e colexios polo seu traballo e compromiso.
O alumnado asistente saíu moi contento do acto e as familias manifestaron o seu agradecemento ao profesorado do centro polo labor realizado.