Plan de acción titorial
O Plan de Acción Titorial é unha realidade con anos de consolidación. No espacio da hora de titoría tentamos ir situando ao estudantado no seu momento académico (técnicas de estudo, revisións do trimestre…) así como vital (reflexións que se complementan coas da mañá e orientación académica). Tamén levamos a cabo un Plan de Achegamento á Realidade PAR, neste curso tratamos o tema da prostitución e os traballos que se están a facer pola súa abolición. Buscamos espazos para traballar a interioridade dende o programa Hara (relaxacións, visualizacións, toma de conciencia do noso corpo) e tamén ofrecemos información sobre temas que, urxe que coñezan e saiban xestionar. Para esto último, contamos coa axuda da Facultade de Enfermaría a través da implementación do proxecto Aprendizaxe-Servicio. Nesta última edición trataron temáticas relacionadas coa menstruación, a saúde mental, a violencia e as violencias sexuais mediadas polo consumo de alcol e outras drogas. Para o noso alumnado é especialmente enriquecedor ver a competencia dos alumnos dos últimos cursos do grao, informándolles dende os seus coñecementos adquiridos máis a súa experiencia da vivencia destes temas, tendo poucos anos máis ca eles, resúltalles máis fácil facer preguntas ou participar nas dinámicas propostas.
As horas da titoría son tamén o momento no que se fan as celebracións dos tempos especiais para a Igrexa (Advento, Coresma).
Cincuenta minutos semanais sen desperdicio!!