Back

Excursión 2.º ESO a Penaventura

Do 18 ao 20 de marzo, as catro clases de 2ºESO desfrutaron do entorno natural e da fantástica proposta de actividades ofrecidas por Penaventura, no norte de Portugal. Durante tres días, durmiron en cabañas, probaron a tirolina máis grande de Europa, subíronse a unha montaña rusa que cruza o bosque, andaron por un circuito de karts, deixáronse caer por unha corda, pelexaron nunha partida de paintball e fixeron un percorrido en bici eléctrica… Unha amplia variedade de actividades unida a un tempo de convivencia cos seus compañeiros que fixo destes días unha experiencia inolvidable. Así o expresaban eles mesmos:


“Para min, foi a mellor excursión do mundo”. Marta


“As actividades foron moi emocionantes e as cabañas confortables” Asier e Carlos.


“Foi unha experiencia moi chula compartindo momentos cos nosos compañeiros e mereceu a pena!. Cova e Helena.

“Encantoume poder durmir coas miñas amigas e estar todo o día con elas”. Arume.

“Estivemos conectados coa natureza e vimos o amencer xuntos. Inolvidable”. Adrián
“A festa nocturna foi incrible, bailamos moitísimo”. Lucía e Sofía.


“Reforzamos a nosa amizade cos compañeiros da clase”. Quique

“Para mí, esta excursión supuxo moita adrenalina e felicidade”. Alexandre

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.