Alumnos de 1.º Bach. no Congreso dos Deputados
O pasado día 9, 10 e 11 de marzo os alumnos de primeiro de bacharelato Xan Moure, Lía Rodríguez e Micaela Constenla desprazáronse ata Madrid, acompañados da profesora Mónica, para formar parte da sesión nacional do modelo de parlamento europeo que se celebrou no Congreso dos Diputados, tras superar unha fase autonómica na que participaron escolas de toda Galicia.
Tivemos a oportunidade de desenvolver o noso pensamento crítico. Tratamos varios temas de actualidade que preocupan á Unión Europea como a escaseza da auga, a intelixencia artificial, a saúde mental nos xovenes ou o turismo sostible…Unha experiencia moi enriquecedora tanto a nivel académico como persoal que ensinóunos a abrir as nosas mentes para coñecer outros puntos de vista, compartir opinións, e sobretodo, coñecer xente nova.
Lía, Xan e Micaela