Aprendendo cos proxectos
O alumnado de sexto de primaria está traballando co quinto proxecto deste curso escolar, que xira en torno ás necesidades especiais das persoas.
A semana pasada realizaron unha dinámica que os deixou entusiasmados: estiveron experimentando como é vivir cunha persoa con cegueira e practicaron o rol de lazarillos, coa axuda da páxina web da ONCE.
Tanto as nenas e nenos coma o profesorado quedaron abraiados e moi sensibilizados coa experiencia!