Back

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O 30 de xaneiro celebramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e a Paz!

Despois dunha semana traballando e realizando dinámicas de sensibilización sobre a paz nas reflexións da mañá, chegou o gran día!

Foi moi emocionante presenciar a todo o alumnado e profesorado xunto durante a celebración que se levou a cabo a media mañá no colexio. Ademais, as alumnas e alumnos de Secundaria e Bacharelato encargáronse de ir buscar ás aulas e acompañar ao máis pequenos ao acto, como parte do proxecto de irmandamento que se está a levar a cabo este ano na nosa escola.

É en momentos así cando sentimos a gran familia que somos!

Sen dúbida, foi todo un éxito!