Modelo de Parlamento Europeo
O pasado fin de semana (domingo 19 e luns 20 de novembro) celebouse a Fase Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo, actividade que pretende fomentar a capacidade de debate e expresión en público dos estudiantes. Un total de corenta e oito alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato de toda Galicia participaron nesta sesión. Desenvolveuse ao longo dos dous días; o domingo, os alumnos presentaron as súas ideas e solucións ante as problemáticas plantexadas nas distintas Comisións.
Alba Sánchez Suárez e Xan Moure Boga representaron ao noso colexio na primeira comisión que trataba o tema de “A saúde mental dos mozos en Europa”; Diego Marcel Oizan-Chapon González e Delfín Pérez Rodríguez fixérono na segunda, sobre “A ética da intelixencia artificial”; Claudia Castiñeiras Coya e Lía Rodríguez Domínguez en “A escasez de agua e do papel na Unión Europea” e, por último, Micaela Constela Castro e Lucía López Cartelle en “O turismo sostible como forma de promover a economía local e rexional”.
Estas Comisións estiveron presididas a súa vez polos seus compañeiros de 2.º de Bacharelato que foron seleccionados para a Fase Autonómica, Nacional e Internacional na edición anterior deste certamen. Representando ao noso colexio estivemos: Laura Suárez Ares, Inés Soto Sánchez, Candela Otero Rodríguez, Susana Méndez Hernández e Alejandro Arza Mayer; ademáis de antigos alumnos que xa foran seleccionados en anos anteriores e chegaron aos mesmos niveis, como Sofía López e Pablo Domínguez. Tamén estivo acompañando a ditos alumnos a profesora Mónica de Soto.
Á maña seguinte, estos acordos e propostas, foron defendidos e debatidos nunha auténtica Asamblea Parlamentaria. Esperamos que a experiencia que lles proporcionou esta actividade lles poida resultar útil pensando no seu futuro persoal e profesional. Noraboa a todos e moita sorte.
Inés Soto e Susana Méndez