Semana dos dereitos das nenas e dos nenos!
A semana pasada tivemos uns días moi especiais no colexio, nos que reflexionamos e traballamos sobre os dereitos da infancia.
Como todos os cursos escolares nestas datas, no colexio estivemos afondando a través de reflexións e dinámicas de sensibilización sobre os dereitos que teñen todos os nenos e nenas do mundo. Estamos moi contentos xa que o noso alumnado demostrou ter unha gran implicación con todas as actividades que se foron levando a cabo.
Para pechar a semana, o venres celebramos o Día da Bata e do Pixama. As nenas e nenos de infantil e primaria xuntáronse no patio escolar á hora do recreo para realizar un emotivo acto. Tivemos a sorte de contar coa presenza da asociación ACOUGO (Asociación galega de familias de acollida).
Foi moi fermoso ver a tantos nenos e nenas así como profesores e profesoras cos seus pixamas e batas dando as grazas polos seus dereitos e mostrando o compromiso coa importancia que ten que todos os cativos do mundo poidan desfrutar deles, sen diferenzas.
Estamos moi orgullosas do que traballamos e aprendemos nesta marabillosa semana!