Chegou o magosto: castañas quentiñas para atacar o frío
Castaña, castaña
que no lume estás,
salta, salta, salta
que te queimarás.
Estamos en novembro e é o mes por excelencia para celebrar o magosto. Adoita celebrarse entre o Samain e o día de San Martiño, conta a tradición que con cada castaña que é asada libérase unha alma do purgatorio e únese á festa. Pois nada a comer moitas castañas para que sexa unha gran festa.
Os magostos forman parte da tradición en Galicia e celébranse na maioría das poboacións, barrios e mesmo colexios; e como cada ano no noso colexio habémosnos en colaboración co ANPA, celebramos este xoves 2 de novembro o noso particular magosto, preparando os nosos cartuchos para poñer as nosas castañas e cunha degustación na aula. E por suposto ao terminar as clases as familias gozaron do seu particular magosto.
GRAZAS polo compartido!!!!!
EQUIPO DIDÁCTICO EDUCACIÓN INFANTIL