Descubrimos o laboratorio do colexio!
O alumnado de 3º de primaria tivo a sorte de visitar e utilizar o laboratorio de ciencias para realizar un minucioso traballo de investigación!
Despois de varias semanas traballando cos seres vivos, nas últimas sesións de ciencias naturais as nenas e nenos de 3º de primaria centráronse no estudo das plantas. Non podemos negar que os seminarios de naturais sempre foron moi interesantes e entretidos, pero se ademais temos a oportunidade de aplicar os nosos coñecementos nun contexto real, a experiencia e inesquecible.
Desta vez, o noso alumnado tivo que realizar a disección dunha flor. As nenas e nenos mostráronse en todo momento moi motivados e implicados coa tarefa. Emocionoulles moito poder utilizar instrumentos como o microscopio, xa que sentíanse coma verdadeiros científicos e científicas.
Resultou ser unha gran forma de interiorizar os conceptos traballados para que sexan realmente significativos.
Vivimos unha gran experiencia que, sen dúbida algunha, repetiremos!