A idea é necesaria mais non basta
Desde a Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración co Concello, ofrecéronnos participar das Xornadas de Fomento do Espírito Emprendedor cos nosos alumnos de Economía de 2.º de bacharelato. A idea era achegar ao alumnado coñecemento xenérico sobre a actividade emprendedora, tratando dunha forma global as fases polas que pasa o emprendedor ata a posta en marcha da empresa, dunha forma dinámica, práctica e sinxela. Que é necesario para montar unha empresa, características do emprendedor, plan de empresa e exemplos de modelo de negocio. Grazas á dispoñibilidade de Sandra Becerra puideron gozar dunha sesión ben dinámica que lles achegou á realidade do emprendemento. Esperamos poder repetir no futuro.