VISITA DA BRIGADA FORESTAL
Todos cando somos nenos e nenas temos soños, e un dos máis comúns é querer ser… BOMBEIRO.
Pois para o noso alumnado de infantil o pasado martes 6, chegou ao patio do noso colexio dúas brigadas forestais de Ordes e Teo, unha motobomba de Tordoia cos bombeiros forestais da Xunta de Galicia. Xunto a eles os facultativos ambientais Luís Zarco Casabiel e Santiago Neira Gómez. Todos eles son medios da Conselleria do Medio Rural.
E grazas ao seu gran labor os nosos pequenos e pequenas puideron facer posible o seu soño de ser bombeiros por unhas horas: subir ao camión motobomba, botar auga coa mangueira e usar o matalume.
Entre todos puidemos aprender a importancia de coidar a nosa fauna e flora; e todos os medios que se utilizan para iso: drons, formación, motobombas… O traballo destas brigadas é moi importante e sobre todo moi difícil.
Grazas a todos eles e os seus compañeiros os nosos bosques locen limpos e frondosos e en caso dun incendio o seu traballo é fundamental.
Pero, sobre todo GRAZAS por traer a ilusión ata o noso colexio.
EQUIPO DE EDUCACION INFANTIL