Cóntame un conto!
As nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria levan semanas inmersos no proxecto educativo de Cóntame un conto, impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas.
Cóntame un conto é un proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas que promove a actividade de contar contos tradicionais galegos entre os escolares. O proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.
O pasado martes tivemos no salón de actos do noso colexio a celebración do acto de fin de curso da segunda edición deste interesante proxecto. As nenas e nenos dos colexios participantes seguiron un evento moderado por María de Pontragha no que non faltaron actuacións, vídeos e contos, moitos contos!
Dende logo, moito levamos aprendido, e xa estamos agardando con moitas ganas a que chegue a próxima edición.
Viva a tradición oral de contar contos!