4.º da ESO tamén foi de excursión
Este curso 4.º da ESO decantouse pola cultura visitando Segovia, Toledo e Madrid. Os rapaces disfrutaron do Museo do Prado e sorprendéronse co que lles gustou o musical da Historia Interminable, con carreira polas rúas da capital incluída. Subiron polas árbores, visitaron o Madrid dos Austrias, remaron no estanque do Retiro, cantaron ata desgañitar na velada nocturna…e sobre todo fixéronse máis amigos.
Tanto lles gustou que non chegaron de volta ata as dúas da madrugada!