Back

Entroido seguro e sen riscos!

As nenas e nenos de 5° e 6° de primaria tiveron a sorte de asistir a unha interesante charla ofertada pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Consumo.

Nun primeiro momento escoitaron información sobre disfraces e accesorios que se utilizan con frecuencia no entroido e aprenderon os perigos e as precaucións que debemos tomar para facer un bo uso dos mesmos.

Por último, remataron o encontro decorando máscaras dos famosos peliqueiros.

Que útil e canto aprendemos nesta xornada!