Día da muller e da ciencia
O pasado venres 10 de febreiro, e con motivo do Día da Muller e a Ciencia, os alumnos de Secundaria e de Bacharelato tivemos a visita de Vitoria Lareu, médico forense recoñecida internacionalmente e nai de dous antigos alumnos do colexio (agora universitarios). Actualmente ocupa o cargo de Directora do Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago de Compostela.
Falounos da importancia da medicina forense na resolución de casos de criminalística e dos últimos avances realizados en xenética que facilitaron a resolución de investigacións internacionais (Interpol…) cun 100% de acerto.
Na súa charla, tamén fixo referencia á súa familia, aos seus fillos e ao importante de pasar momentos de calidade con eles e co seu marido.
Non nos cabe a menor dúbida de que tivemos #ante nós a unha gran muller e unha gran científica!