Os alumnos de 4.º de ESO teñen a palabra
Tras ser partícipe das xornadas de orientación, propostas o luns, cinco de febreiro, as ideas de moitos dos alumnos de 4º da ESO, acerca de que debemos facer de cara ao noso futuro, foron solventadas.
A gran maioría de nós, non temos claro a qué non imos adicar ou incluso o camiño académico que debemos seguir nos vindeiros anos; así pois, os titores de esta etapa educativa identificaron esta necesidade e decidiron botarnos unha man para que estas decisións, que a todos nos concirnen, sexan máis doadas de tomar e, deste xeito, poder encamiñar a nosa vida profesional dende un inicio.
Ruth Franqueiro 4.º C
Baixo o meu criterio, considero que o feito de poder compartir estas inquedanzas con persoas que estiveron na mesma situación ca nós fai relativamente pouco, bríndanos a oportunidade de que nos ilustren coa súa propia experiencia persoal e así familiarizarnos cunha realidade non moi distante, que todos teremos vivido nuns anos. Asimesmo, ao longo das xornadas, puidemos comezar a formar as nosas propias opinións sobre o que se nos estaba expoñendo e así poder acadar un pensamento crítico (pros, contras…), finalidade principal desta dinámica educativa.“Baixo o meu punto de vista, creo que realizar unhas charlas de orientación para que o alumnado puidera coñecer máis aspectos das súas carreiras de interese foi unha idea acertada. Posto que, en diversas ocasións podemos ter unha visón diferente da realidade sobre algúns graos universitarios e equivocarnos na súa elección por non manexar a información suficiente. Desta maneira, con estes pequenos encontros descartamos algunhas opcións académicas que poderían ter moito valor para nós e consideramos outros itinerarios que non tiñamos en mente.
Pola outra banda, creo que a organización estivo oportuna en todo momento. Ademais, na miña opinión todas as charlas respectaron o seu tempo establecido e ninguén se retrasou ou tivo problemas para localizar o sitio onde debía estar. No meu caso, axudei a algúns dos meus compañeiros a levar botellas de auga a algúns puntos do colexio e penso que fixemos ben o noso traballo, do mesmo xeito que outros moitos que colaboraron en tarefas distintas, coma a organización nas aulas ou acompañando aos universitarios aos sitios nos cales tiñan que falar con nós.
Marta Domínguez 4º A