Back

Semana dos Dereitos da Infancia

Esta semana, o alumnado de La Salle está traballando sobre os dereitos dos nenos e das nenas.

Hai semanas que no noso colexio consideramos moi importantes, e esta é unha delas. Que o noso alumnado coñeza e afonde nos dereitos que teñen polo simple feito de ser nenos e nenas parécenos de máxima importancia. Na etapa de Educación primaria estamos a realizar reflexións cada mañá nas que tratamos diferentes temas. Ademais, a través de diversas dinámicas, o noso alumnado está a reflexionar e tomar conciencia da importancia dos seus dereitos. Tamén estanse sensibilizando e analizando como, por desgracia, a súa realidade non é a de todos os nenos e nenas.

Para axudar a que todas as persoas que pasan polo noso colexio se sensibilicen coa temática, o noso alumnado realizou uns fascinantes murais onde escribiron o que máis desexan para que todos os nenos e nenas do mundo poidan gozar dos mesmos dereitos.

Xuntos mellor!

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.