Aprendendo a facer avanzar a historia
Dende as materias de History, Inglés e Economía recorreuse ao recurso cinematográfico para achegar o movemento sufraxista aos alumnos de 4º da ESO. Acudindo á convocatoria que todos os anos nos fai a cooperativa NUMAX, aproveitamos para que coñezan unha iniciativa económica de natureza social que leva anos sendo unha alternativa ao cinema máis comercial. Ademáis, escoitaron o filme na súa versión inglesa orixinal, co acento e as expresións da época, e descubriron as penurias e os sacrificios que fixeron aquelas mulleres que empurraron a historia cara ao recoñecemonto dos nosos dereitos de hoxe.
Cumprindo con puntualidade británica levamos a cabo esta saída que lles deixou gañas de máis. Que así sexa!