![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/10/Imagen-de-WhatsApp-2022-10-25-a-las-13.41.58.jpg)
LADRILLO A LADRILLO… Ou como aprender dende o descubrimento
Construír! Iso é o que facemos desde o primeiro día nas nosas aulas e iso é o que reflicte o noso primeiro Proxecto no nivel de 4 anos.
A casa, ese elemento aglutinador onde sucede todo o importante está a ser o eixe de
actividade por unhas semanas.
Comezámolo recibindo unha visita sorpresa: Ernesto, o arquitecto! Foi quen nos contou como
podemos facer que unha idea se converta en realidade, comezando por debuxala…
A diversión do cole tamén continúa na casa, intentando crear novas vivendas con distintos
materiais. E volta ao cole coas nosas creacións para ensinárllelas a todos os nenos e nenas e
descubrir como xuntos, en familia, facemos cousas xeniais!
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/10/Imagen-de-WhatsApp-2022-10-25-a-las-13.42.35.jpg)
Como tamén é moi divertido, á vez que descubrimos as partes dunha casa, facer por parellas
unha merenda saudable…
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/10/Imagen-de-WhatsApp-2022-10-25-a-las-13.43.32.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/10/2.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/10/1.jpg)
![](https://web.lasallesantiago.gal/wp-content/uploads/2022/10/3.jpg)
Aprender de xeito global, por descubrimento, poñendo a traballar a mente e o corpo a través do movemento, sen esquecer a dimensión social da aprendizaxe, fai que os nosos nenos e nenas constrúan, ”ladrillo a ladrillo”, o seu pensamento creativo, analítico e crítico realizando aquilo no que son expertos: o xogo.
ALICIA LÓPEZ
Mestra de Educación Infantil