Tertulia científica
O xoves 6 de outubro, os alumnos de 1.º de Secundaria, dentro das actividades da narrativa “Estrelas”, tiveron un encontro-tertulia co divulgador científico galego, director do programa “Efervesciencia” da Radio Galega, Manuel Vicente.
Os alumnos de primeiro, que este curso están implantando o NCA, levan dúas semanas traballando sobre o tema da orixe do universo dende un punto de vista multidisciplinar, acercándose ás visións científicas e ás visións mitolóxicas.
Nesta xornada tiveron a oportunidade de falar con Manuel Vicente sobre o tema e expuxeron as súas dúbidas e inquietudes que supón este tema.
O diálogo foi moi interesante e clarificador sobre como traballa a ciencia e como hai que interpretar os textos máis mitolóxicos.