A qué sabe a lúa?
Apoiándonos na preciosa historia de Michael Greenjniec, o noso alumnado de Infantil experimentou a importancia de contar cos demais para conseguir un obxectivo común.
E así…
– Xuntos descubrimos que podemos lograr cousas que serían imposibles para unha soa persoa.
– Xuntos buscamos diferentes estratexias que nos axuden no noso propósito.
– Xuntos, ao fin, sentímonos valiosos e capaces.
Tal vez non sempre cheguemos a dar unha dentada á lúa como o ratiño da nosa historia, pero sabemos que o noso día a día será moooito máis doce, se o saboreamos en compañía!
ALICIA LÓPEZ
Mestra de Educación Infantil