Resultados moi satisfactorios na ABAU
O alumnado de 2.º de Bacharelato do colexio presentado ás probas da ABAU ven de conseguir
uns resultados moi meritorios. Un total de 105 persoas conseguiron a cualificación de APTO,
tendo presentados 108 alumnos, o que supón máis dun 97 % de aprobados. A media foi de 7,8.
Esta promoción non o tivo fácil, pois cursou todo o Bacharelato en plena pandemia, coa
complicación que iso supuxo, polo que estes resultados teñen se cabe máis mérito.
Ademais, 22 alumnos do colexio, máis do 20% do total, conseguiron unha nota de 9 ou
superior, polo que serán recoñecidos pola USC como mellores expedientes deste curso o
vindeiro xoves 23 de xuño.
Felicitamos a todo o alumnado por estes bos resultados, que esperamos lles permitan acceder
aos estudos que desexan, e estamos seguros de que as persoas que non o conseguiron nesta
ocasión lograrano na convocatoria de xullo.
Todo isto non se podería conseguir sen a implicación e o traballo de todo o profesorado do
colexio, polo que queremos aproveitar para mostrar o agradecemento e recoñecemento.