O alumnado de primaria participa no proxecto educativo impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas
O pasado luns algúns alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria acudiron ao Teatro Principal de Santiago de Compostela para celebrar o acto final do proxecto Cóntame un Conto.
Este proxecto educativo foi impulsado pola Fundación Antonio Fraguas Fraguas e promove a actividade de contar contos tradicionais galegos entre os escolares. O proxecto busca aproveitar as posibilidades educativas deste recurso, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición oral de contar contos ás actividades públicas dos centros escolares.
No acto final que se levou a cabo no Teatro Principal, o alumnado escoitou música, contos tradicionais doutros colexios, unha contacontos profesional, entre outras actividades. Mais o máis importante é que quedaron con moitas ganas de seguir participando o próximo curso escolar.
As profesoras e profesores estamos seguras de que na segunda edición continuaremos gozando e aprendendo a contar todos ese contos dos nosos avós e avoas para que nunca se esquezan e que continúen pasando dunha xeración a outra.