Back

Congreso equis

O martes vindeiro, día 15 de marzo, vaise celebrar en Madrid un congreso sobre educación. Está organizado pola Rede de Obras La Salle, formada por case 120 centros repartidos por toda a xeografía española, entre os que se inclúen 95 colexios, dous campus universitarios e por riba dunha decena de obras socioeducativas. O congreso leva o título: “Equis. Un interrogante sobre el ser, el contexto y la educación”. Vertébrase sobre tres eixes que consideramos esenciais e que marcan a reflexión coa que queremos poñer o foco na educación en maiúsculas, afastada de calquera tipo de cualificativo. Os ditos eixes son:

  • O ser e a persoa como centro que debe acaparar a atención na aprendizaxe.
  • O contexto no que vivimos e que, certamente, marca que e como aprender.
  • A resposta que aos desafíos actuais ofrece La Salle e que se pousan na necesidade de formular novos modelos pedagóxicos que respondan a unha educación para hoxe.

Unha oportunidade para devolverlle á educación a importancia que ten como ferramenta transformadora e de construción de persoas que son quen de facer deste mundo un lugar mellor.

Convidamos a asistir a todas as consellerías de Educación das respectivas comunidades autónomas. De Galicia asistirán o director xeral de Centros e Recursos Humanos, D. Jesús Manuel Álvarez Bértolo, e D. Ángel Rodríguez Sánchez, director do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI e CFRs).

Poderase seguir o congreso por streaming, tal e como indican na páxina web https://congresoequis.com/ onde tamén podemos ver a axenda e os relatores. Os relatorios serán accesibles na canle oficial de Youtube do distrito ARLEP.

La Salle Santiago
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerle la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en su navegador y realiza funciones tales como reconocerle cuando vuelve a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentra más interesantes y útiles.