Back

Experiencia Aula Newton

O alumnado de Tecnoloxía do nivel de cuarto de ESO, coa compaña do noso profesor José A. Menduiña, visitamos a semana pasada a aula Newton.

Foi unha experiencia moi instrutiva. Convertémonos en pilotos de avión por un día. Trazamos unha ruta nun mapa e despois tratamos de realizala mediante uns simuladores de voo, que eran moi realistas. Tamén participamos nun obradoiro de drons e foi moi divertido.

O persoal que nos foi instruíndo nos distintos momentos que permanecemos nas instalacións foi moi amable e sempre estiveron pendentes de botar unha man.

Quedamos moi contentas e contentos coa experiencia e con ganas de repetir.

Liz de Abreu