Vixilia de Coresma
O pasado venres, 4 de marzo, celebramos a vixilia de Coresma na nosa Comunidade Educativa.
Ás 16 horas, invitamos aos nosos rapaces de Descubrimento a unha edición moi especial do famoso programa de cociña: Masterlent… no que puidemos cociñar un saboroso prato á vez que nos demos conta da importancia da mensaxe de Xesús neste tempo de Coresma. Él dinos que sexamos O SAL (un condimento que, en pequenas cantidades, é necesario para potenciar o sabor da comida) para dar sentido á Humanidade y A LUZ (a calor que cociña moi lento e fai que os diferentes ingredientes se unifiquen e creen un prato inigualable) do mundo.
Ás 19 horas foi a cita para os maiores: rapaces a partir dos 15 anos e membros dos diferentes grupos e comunidades que forman esta gran familia de La Salle.
Nela propuxémonos non caer nas nosas tentacións diarias, fuxir das rebaixas da nosa vida e poner o noso corazón ao 100%. É por iso que eliximos unhas prendas de roupa moi especiais para esta Coresma, símbolos dos propósitos que cada un de nós plantexamos neste tempo de conversión.