Os alumnos de Historia da Arte na catedral
O pasado martes día 16 de novembro, os alumnos de Historia da Arte tiveron a oportunidade de ter unha visita guiada do Pórtico da Gloria e de visitar o Museo da Catedral de Santiago. A visita, que ocupou gran parte da xornada, foi unha gran experiencia a nivel cultural, xa que coñeceron a fondo todos os tesouros arquitectónicos e as mensaxes que o Mestre Mateo deixou tras a súa escultura.
Estes alumnos, calificaron esta experiencia coma amplamente positiva, xa que, según relatan, lles axudou a entrar en contacto coas leccións explicadas na clase. Probablemente, serán dos poucos grupos que poderán falar nas ABAU do Pórtico da gloria habéndoo visto cos seus propios ollos. Isto, supón unha gran riqueza que non todo o mundo pode ter, e dende logo, non podían desaproveitar a oportunidade de ir a visítalo estudando nun colexio que está a escasos metros desta xoia.
Entre o mais destacable do día, estivo a visita ao refectorio do Pazo de Xelmírez, na que nada máis entrar, sentías transportarte a outra época: tapices representativos, libros en latín cos primeiros gravados sobre a historia da catedral… Dende logo, unha experiencia que non todos os santiagueses coñecen. Ademais, tamén tiveron a oportunidades de coñecer o tesouro da catedral e coñecer as roupas ou mesmo as representacións artísticas sobre lienzo que marcaron a historia da nosa catedral.
Por outra banda, tamén puideron observar distintas reconstruccións no museo. Unha delas, é Coro Pétreo do propio Mestre Mateo. Reincidindo nesta figura, o máis destacable de toda a visita, sen lugar a dúbida foi o Pórtigo da Gloria: a súa restauración permitiu que quedara parte do policromado que este tiña inicialmente. Dende logo, a perfección e o realismo presentes nese pórtico non deixan indiferente a ninguén: “todo estaba coidado ao detalle, pero o máis impactante é que séculos despois somos nós os que estivemos ante tal obra”.
O tempo apremiou e non permitiu a visita ao interior da catedral para ver o deambulatorio e dar o tradicional abrazo ao Apóstolo, mais seguro que estes alumnos, que formaron un pequeno gran grupo, volverán para continuar a súa visita. Cando chegaron de novo ao colexio compartiron a experiencia co resto de compañeiros da clase, e marcharon a casa ledos de coñecer un pouco máis a historia da cidade na que tiveron a sorte de nacer.
Silvia Lafuente – 2.º Bacharelato