O plurilingüismo nas nosas aulas
No colexio La Salle de Santiago de Compostela cremos que, no mundo globalizado no que vivimos, dominar outros idiomas é unha gran vantaxe.
Somos un colexio plurilingüe e, como tal, un terzo das horas semanais impártense en inglés. Na etapa de primaria, ademais da propia materia de lingua inglesa, o alumnado ten as seguintes materias impartidas en inglés: Natural Sciences, Physical Education e Arts and Crafts.
Ademais, tódolos cursos temos a grandísima sorte de contar coa axuda dun auxiliar de conversa. O noso alumnado ten a posibilidade de escoitar e interactuar cunha persoa nativa dun país de fala inglesa, mínimo nunha sesión semanal dalgunha das materias impartidas en dita lingua.
Este curso escolar, e por segundo ano consecutivo, temos a fortuna de ter con nós a Katie Brookes, unha excepcional profesional nacida na gran cidade inglesa de Birmingham. Katie axuda e motiva coa súa creatividade e cos seus coñecementos ao noso alumnado a aprender mentres que gozan no proceso. Tanto o profesorado como as nenas e nenos do colexio estamos moi agradecidos de poder ter a Katie entre nós. Sentimos que é unha gran vantaxe como centro educativo poder contar con profesionais nativos que nos axuden a aprender e mellorar no noso día a día.