A música como identidade cultural
Identidade, ese conxunto de peculiaridades propias dunha cultura ou grupo, que permiten aos individuos identificarse como membros do mesmo e tamén diferenciarse doutros grupos culturais.
A identidade cultural dos nosos pequenos e pequenas comprende aspectos tan diversos como a lingua, o sistema de valores e crenzas, as tradicións, os ritos, os costumes ou os comportamentos dunha comunidade. É durante a nosa primeira infancia e nas primeiras relaciones familia-escola, onde desenvolvemos este arraigo social; a pertenza ao grupo, ese “algo” que nos vincula aos demais e que resulta ser un alicerce básico no proceso de autocoñecemento persoal.
O NovoContexto deAprendizaxe, NCA; invítanos a tomar conciencia destas particularidades culturais enfocando nosa atención nas cancións populares. Ritmos, bailes, letras e composicións que as familias recompilan para que os pequenos e pequenas acheguen á aula, xunto cos seus textos e voces, a riqueza da nosa cultura popular.