Xuntanza de xefes de estudos e coordinadores de educación infantil
O grupo, integrado por 13 coordinadores de infantil procedentes das diferentes obras da zona noroeste, reuniuse martes pasado, 19 de outubro, no colexio Nuestra Señora de Lourdes de Valladolid. Do noso colexio asistiu Alicia López.
Despois do intenso e ilusionante arranque de curso, chega a hora de avaliar e analizar as dinámicas de implantación do Novo Contexto de Aprendizaxe, nova metodoloxía educativa dos centros La Salle en España. Nesta liña, a primeira xornada de reflexión e traballo convocou os xefes de estudos coordinadores da etapa de educación infantil. Un grupo de 13 coordinadores, representantes dos centros educativos do Sector, entre os que se encontraba a nosa compañeira Sara de Prado, coa misión común de compartir os primeiros ecos e resultados do despregamento pedagóxico do NCA.
Guiando o labor de coordinación e moderación Iñaki Asegurado, Delegado de Educación do Sector, a liña de temas que se puxeron sobre a mesa trataron as dinámicas de programación docente, revisión de materiais físicos e dixitais, funcionamento e interacción coa plataforma Sallenet, redistribución de espazos do centro, atención ás necesidades educativas especiais e a adaptación de familias e persoal ás novas dinámicas de traballo. En definitiva, un tempo amplo para contrastar os avances e logros no marco da ensinanza-aprendizaxe, ao tempo que se compartiron aquelas incidencias ou dificultades encontradas no desempeño local do labor educativo. “Funcionar en rede, de forma colaborativa, achéganos un valor e unha perspectiva conxunta moi beneficiosa para tratar os retos presentes e futuros” -concluía Iñaki Asegurado.
O Novo Contexto de Aprendizaxe (NCA) é un marco pedagóxico e pastoral, con identidade propia, que presenta unha proposta organizativa, metodolóxica e de avaliación clara, que outorga sentido pleno á educación da persoa tratando de modo integral a súa dimensión emocional, cognitiva, corporal, social ou espiritual, no transcorrer das sucesivas etapas do seu desenvolvemento. O alumno convértese en protagonista da súa propia aprendizaxe.